1.-PRÓLOGO
Hai pouca ou ningunha documentación e información escritas destes lugares. Temos que recurrir á bibliografía e topónimos doutros territorios e procurar buscarlle o paralelismo cos nosos. E incluso poden xurdir algunhas ocurrencias. Imos intentar que sexan as menos. E gozar da vosa comprensión.
Por último, agradecemos a súa colaboración desinteresada, sin a que seria imposible levar a cabo este traballo, aos nosos amigos e historiadores Ángel (“Gelito") Fernández Fernández e Isidro García Tato. E tamén aos nosos amigos Francisco (“Paco") Cobo Rodríguez, José (“Pepe") Fernández Pérez e Conchita Fernández López e resto de membros de Toponimia da Gallaecia. E a todos vós, queridos paisanos e lectores, que seguro nos vades botar unha man para que todos nos sintamos orgullosos deste traballo.
2.- VALDEORRAS: ORÍXES.
Existe na actualidade falta de transparencia nestes topónimos
rematados nos sufixos –urro- e –arro-. O
único que podemos constatar é a aparición dunha
serie de etnónimos que se repiten en
toda a área occidental da
“Cornisa Cantábrica”, transmitidos
tanto por as fontes clásicas como pola epigrafía, que terminan en –urro- o
–arro-.
Hai unha hipótese que o relaciona co xentilicio Gigurro, “procurator
metallorum” encargado por Roma da explotación mineira destas terras, segundo as
fontes epigráficas anteriormente citadas.
Outros nomes de Valdeorras:
"In territorio Iorres" aparece nunha doazón ao Mosteiro de San Pedro de Montes.
Bibliografía:
Blanca María Prósper "En los mágenes de la Lingüística celta: los etnónimos del Noroeste de la Península Ibértica y una ley fonética del Hispano-Celta Occidental".
- Que proceda do orónimo Alegium ou Elegium.
3-d ) CESURES (San Clemente).
PROCEDENCIA: latín caedo, cecidi, caesum <cesuras <cisura <scisura (“crescentia seu scisuras dicti nemoris") con significado de “abertura sutil, corte que se fai en calquera cousa”. A nivel quirúrgico ese corte lle damos en chamar cesárea. Dende o punto de vista orográfico fai alusión a “unha cortadura, corte ou desnivel de terreo sobre o que se asenta este lugar..
Nomes paralelos os temos en Pontecesures, Cesures (Manzaneda). Tamén hai a variante Cesuras. En Asturias, Cezures. Existe tamen Cesures en Vilanova de Famalicao (PO). E todas estas poboacións coinciden en estar situadas en similares desniveis de terreo.
Bibliografia:
Fernando Cabeza Quiles “Toponimia de Galicia".
Almeida Fernandes “Toponimia Portuguesa sub Cesuros".
3-f) ENTOMA (San Xoán).
PROCEDENCIA: “inter - oma", hidronímico prerromano, de base celta
“uxama", con significado de “entre
ríos”. Axústase perfectamente á realidade xeográfica do lugar pois se sitúa entre
o Sil e o seu afluente o Galir (sen esquecer o Regueiro da Portela).
Formas diferentes e co mesmo significado, como Entre Os Ríos
ou Entre-os-Ríos, encontramos noutros sitios de Galicia e Portugal. Tamén
aparece a forma Entrerríos de xeito fluido como onomástico.
Bibliografía:
Gonzalo Mateo Sanz “Topónimos y apellidos españoles de
origen ibérico o pre-latino". Considera
que significa “colina pantanosa" ou “la colina del pequeño
humedal" (enta-oma).
Guillermo Tejada Álamo “Topónimos e Hidrónimos".
Confirma nuestras primeras impresiones.
Plinio “Pliniae exercitaciones". Hai unha referencia
documental que nos axuda na busca “At Plinius vult ranas tantum maículas lingua
intima a future abfoluta voces mitere…” A forma latina arcaica “intuma",
con significado de “ o máis interior, no máis profundo".
3-g) FORCADELA E NOGALEDO (Santiago).
FORCADELA
Este topónimo e outras variantes son relativamente
frecuentes e veñen derivados de “forca", en referencia realmente á bifurcación dun río ou regato. Tamén poderían referirse á
bifurcación dun camiño ou de montañas. Son parientes Forcada, Forcadiña,
Forqueta…
Ademais do topónimo valdeorrés, tamén o localizamos en
Tomiño (PO) e O Saviñao (LU).
En portugués, tamén
se rexistra “forca" como
“desfiladeiro".
En catalán, existen
as formas Forques, Forcat(s), Forcada-es, Forcal, Forquet, aludindo a un
accidente xeográfico, a unha
bifurcación nun camiño, río, val ou barranco, segundo Corominas.
Bibliografía:
“Toponimia maior de Ortigueira", en
“toponimiaortigueira.blogspot.com".
Outra hipótese:
Forcadela podería referirse ao nome do Insecto “forticula
aricularia", coñecida como “cadela de frade".
NOGALEDO
Sufixo colectivo ou abundancial de nogueiras. Como Nocedo/a,
Nogaredo/a, Nogueiredo/a, etc. Puede que por influencia del leonés.
Bibliografía:
Jesús García y Garcia, “Los límites lingüísticos en el Bierzo, vistos en la Toponimia".
3-h) MILLAROUSO E SANTURXO (A Concepción).
MILLAROUSO
PROCEDENCIA: latín “milium”, con significado de “millo/mijo,
sorgo”. Topónimo abundancial referido a un lugar rico na producción de millo e
demais.
Citado en documento do ano 1096 no Tumbo de San Pedro de
Montes "... in territorio Iorres, in villa que nuncupant Millaros, prope
ecclesie sancto Jurgio, prope flumine Sile..."
SANTURXO
Hagiotopónimo de San Xurxo. Pois no pasado estivo baixo a
advocación deste santo patrón, segundo as citas que se aportan.
En documento do ano 1096 no Tumbo de San Pedro de Montes
"... in territorio Iorres, in villa que nuncupant Millaros, prope ecclesie
sancto Jurgio, prope flumine Sile..."
"... in territorio Iorres, in villa que nuncupant
Millaros, prope ecclesie sancto Jurgio, prope flumine Sile..."
3-i) PROBA, A (Santa María).
Procedencia: Deturpación do topónimo “La Puebla" ao pasalo ao galego. Non sabemos a razón desta alteración, porque nos outros topónimos galegos aparece coa forma “Pobra” (Pobra de Trives, Pobra do Brollón, Pobra do Caramiñal).
O termo “Puebla” aparece citado en dous documentos medievais. En
primero lugar, en escrito de 24 de
novembro de 1276 no que o infante don Sancho, fillo de Alfonso X, “O
Sabio”, asina na “Puebla de
Valdeorres" un privilegio ao mosteiro de Santa María de Melón”.
E outro documento de 22 de marzo de 1336 no que Alfonso XI
doa a don Pedro Fernández de Castro,
señor de Lemos, “La Puebla de
Valdeorres con todo su alfoz".
Bibliografía:
Isidro García Tato
“Priorato de Xagoaza".
Ou acaso, a diferencia doutras pobras (“popula”), podería derivar do latín “pábula” referido aos “pasteiros” do exército ou “cursus publicus” romanos.
Ese vicus romano da Vía Nova, que aínda se encontra por alí soterrado, podería garantir esta nova hipótese.
3-j) SANTA MARIÑA DO MONTE (Santa Mariña).
Hagiotopónimo, que conserva o nome da súa santa patroa. Se lle
engade o segundo termo “do Monte” para diferenciala doutras poboacións co mesmo
nome.
3-k) SANTIGOSO (San Miguel).
Procedencia: latin “sentix- icis", con significado de
“zarza". Coa adición do sufixo abundancial -osa, deu o derivado popular
“senticosa” con significado de “lugar abundante en zarzas". As formas
Santigosa e Sentigosa poderian verse reconstruidas no Medioevo a partir de
“santiga" (zarza, arbusto espinoso). Aparecen diseminadas pola zona
pirenaica. Está documentado “villarejo que dicunt Sintigosa (Coll de
Santigosa), San Joan de les Abadeses Sandicosa que deu Coll de Santigosa.
Bibliografía:
Javier Terrado Pablo “Léxico patrimonial y metacedeusis en
los nombres de lugar".
3-l) VILOIRA (San Martiño).
Procedencia: latín “villa aurea”. Hai distintas hipótesis para
xustificar ese nome. A primeira , e máis aceptada, é que a vila está nun
entorno de cor áurea e/ou terá as súas casas feitas con pedra desa cor. A
segunda que Viloira está asociada aos abondosos aproveitamentos auríferos de
toda a Conca do Sil. Na mesma liña estaría Oira, en Ourense, tamén vencellada ás
explotacións mineiras romanas. E a
última hipótese, que podería ser un hidrónimo rematado en –oira (raíz awer-),
con significado de “fluir”, relativo a correntes de auga. En condicións
similares ao río Ouro, antiguamente chamado Aurio.
Paralelismo: En Chantada e O Incio existe tamén lugares co mesmo
nome. E outras similares, como Oira, As Oiras (Alfoz), Fontoira. Ou a variante
dialectal Viloura (Castrelos).
Bibliografía:
Fernando Cabeza Quiles “Topónimos de Galicia”.
Edelmiro Bascuas López
“Mondoñedo y Valoria”, en “Estudios Mindonienses”.
3-m) XAGOAZA (San Miguel).
Procedencia: fitopónimo abundancial de chaguazo (halimium
ocymoides ). Del árabe hispánico y mozárabe “šaqwáṣ”. Arbusto da familia das
cistáceas do que existen varias especies, de follas case aciculares e
abrancazadas polo envés.
Este nome aparece citado no Tombo do Mosteiro de San Pedro
de Montes nunha doazón de Tello Eiriz co nome Saguaza e Xaguaças.
Hoxendía todas as palabras relacionadas con este termo
remítenos ao ámbito occidental da Península, baixo o dominio do antigo Reino de
León.
Paralelismo: encontramos a parroquia Chaguazoso na Mezquita
(OU). E tamén nos onomásticos desas zonas.
Bibliografía:
María C. Rodríguez
González “ Un ejemplo de
aproximación al estudio de un núcleo de población rural, a través de la
documentación monástica medieval”.
Augusto Quintana Prieto “Tumbo Viejo de san Pedro de Montes”
Juan Carlos González Ferrero. “Léxico vitícola tradicional
D.O. Toro”.
Blog “Un maragatín na ciudá”
“La siega”.
4.OUTROS LUGARES OU ALDEAS:
Candís, As Carreiras, O Córrego, Outarelo, Raxoá, Veigadecabo,
Vilabril (desaparecido).
CANDÍS:
Procedencia: voz prerromana canda, candano, emparentada coa latina
“candere" (arder). Pode que lembre un antigo lugar ou monte abundante en
candas, pólas secas ou garabullos que se empregaban para prender o lume nas
larreiras.
CARREIRAS, AS:
Procedencia: latín (viam) carrariam, posiblemente a través
da palabra céltica “carrum”, con significado de “camiño de carro”, polo que
resultaría máis ancha có carreiro. Aparece como topónimo de lugar, moi repartido
pola xeografía de Galicia. Tamén aparece como apelido, máis abondoso na
provincia de Lugo.
CÓRREGO:
Procede do latín
“corrugus" con significado de “canle de auga cuxo curso está rectificado,
corrección do curso dun río". Probablemente relacionado coas explotacións
auríferas romanas empregadas na técnica “ruina montium “, segundo Plinio.
OUTARELO:
Procedencia: palabra
latina “altarellum”, diminutivo de “altarium”. Que vén a significar “pequeno
outeiro” (pequena e illada elevación de terreo).
RAXOÁ:
Procedencia: latín diminutivo de rasu(m) < rásulum
<rasólum <raseolum con significado de “pequeno cabezo totalmente rozado.
Sendo un nome de orixe incerto, non resulta único, pois se
atopan outras variantes, como Arrexoá, A Rexoá, Arrexuaá.
Estas formas
localízanse na zona oriental de Galicia, incluida Asturias e terras de
Tras-Os-Montes.
VEIGADECABO:
Nome transparente e composto.” Veiga” con significado de “terra
dedicada a pasto ou producción agrícola” e “Cabo” alude a “un punto alonxado do
núcleo poboacional”.
VILABRIL (desaparecido).
Foi un lugar pequeno, posiblemente habitado dende época
medieval, polas referencias documentais, ata a súa desaparición. Á beira do Sil, tiña
un clima benigno e unhas terras de grande calidade, propicias para o
desenvolmento agrícola. Pasado o tempo,
só contaba con catro veciños no Catastro da Ensenada (1752). E xa non aparece
citada no Diccionario de Madoz (mediados S. XIX).
Podería derivar de “Uilla Aprilii”, antigo posesor de orixe
latina chamado Aprilius ou de “Uilla Berildi”, nome Berildius, antropónimo de
orixe xermánica. Tamén cómpre apuntar que aparece citada a forma “Villare Berilli” nun
pergameo mindoniense do S. X, tal como puido ocorrer co Vilabril das
Negradas, no concello de Mañón.
Bibliografía:
Xosé González "Apuntes sobre a microtoponimia do Concello de Vicedo".
2 comentarios:
Parabéns polo artigo!!.
Interesante o de Vilabril, opdería ser dunnha Uilla Berildi, dun antigo posesor chamado Berildius, nome de orixe xermánica, tal como puido ocorrer para O Vilabril das Negradas (cf. https://toponimiavicedo.blogspot.com/2014/02/apuntes-sobre-microtoponimia-do.html)
Un comentario sobre Proba: é unha forma normal de evolución de Popula (non de Puebla:-) con metatese do r, non é forma deturpada. Incluso algún "Povoa" portugués foi antes un Proba.
saúdos cordiais
Grazas, Xosé. Temos en moita estima os teus traballos, que moitas veces nos serven de referencia. Estudiaremos a via que nos abres tocante a Vilabril. Ao respecto da Proba, ese apuntamento que nos indicas, xa o tiñamos en consideracion. Unha amiga xa nos ten comentado esa outra opción. Non en van temos unha posible vila ou explotación romana, por excavar, nesa localidade. Saudos desde o Golfo Artabro. Pertiños.
Publicar un comentario