jueves, 17 de noviembre de 2022

VALOUCA OU BALOUCA

 VALOUCA OU BALOUCA




Certo é que, ao longo da historia, os amanuenses ou escribáns manexaron os nomes propios (topónimos, xentilicios) á sua maneira. Tampouco daquela había normas ortográficas que puidesen aplicar aos seus escritos. Así que chegamos a pensar e dicir hoxendía que "para os nomes propios non hai regras ortográficas".

Comprobamos, tocante a segunda forma deste topónimo, que encontramos un Balocos en Moeche. Balocas, en Ribadavia. Balocás e Balocales, en Santiso. Lugares ben distantes entre sí. Quizáis debido a esas prácticas documentais comentadas anteriormente ou porque acaían ao significado polo que daquela foron creados. Porén encontramos as formas baloco/a no Diccionario Estraviz como palabras de uso cotián.

Pasamos agora a estudar a forma Valouca. E temos referencias históricas interesantes. Xa que o termo "valocos" utilízouno o Pai Sarmiento con significado de "barranquito o zanja que abren las aguas en una tierra". No portugués do sul comprobamos a existencia da palabra "valoca" con significado de "sulco aberto polos aluvións dun terreo”, aporte de Manuel de Moraes, que o recolle Joan Corominas como posible derivado do latín "vallum". Hoxendía para o profesor Edelmiro Bascuas sería máis coherente o vencellamento destes "valocos" a un valor hidronímico. Así descubrimos no Diccionario Estraviz os termos "valoca" e xa a definitiva "valouca", cos significados de "pequeno vale/valado, corga, vaguada". E tamén aparece no Prontuário Prático do Dr. Carlos Durao.

Analizando a  orografia e toponimia da contorna, observamos que este pequeno lugar barquense  encóntrase nas proximidades do soterrado arroio Cigueño, segue a recibir o nome de Rúa da Valouca e no seu camiño conflúe coa Rúa dos Muiños.

Sería ben establecer un topónimo unificado ao respecto porque xa vai derivando cara a outras formas, como Balorca, que se vai afastando ainda máis da fórmula orixinal. Se tedes alguna dúbida ao respecto, preguntade aos petrucios do lugar, que aínda conservan lembranzas de cando o arroio era “O Arroio”. E para ilustrar o post, deixámosvos unhas imaxes de cómo era esta zona na década dos 60, do meu cartaz familiar, e cómo é na actualidade, foto tirada de Google Maps.

Carlos Prieto Rodríguez

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Edelmiro Bascuas López “Val e outros derivados da raíz indoeuropa wel-“

https://lusografiacarlosdurao.blogspot.com/

Diccionario Estraviz.

jueves, 18 de agosto de 2022

A TAFONA

 

REQUIEM POLA TAFONA





Habera que remontarse cando eu tiña uso de razón (década dos cincuenta) que comecei a familiarizarme con ese cantiño do Barco. Acompañaba a miña nai á horta, camiño de Veigadocabo e aquel era un lugar de paso e espera. O paso a nivel e a fonte do camiño eran as nosas paradas habituais. Máis tarde, xa deixando a etapa de parvulitos, seguín mantendo un trato estreito pois pasei a "Escola da Tafona", da que gardo bastantes lembranzas, ata que empezou a funcionar o "grupo escolar", hoxe chamado "CEIP  Julio Gurriarán". De ler no "Silabario" na escola de Da. Mercedes a chapurrear no Quixote -así como volo conto- foi como aprender un novo idioma. 

Pero vou falar do mellor que me pasou, pois sempre che queda un sabor de boca máis dóce . Os primeiros días foron frustantes, pero aínda hoxe non sei por qué me pasaron ao segundo andar con D. Jesús, que daquela estaba de baixa. Veuno substituir outro mestre, de cuxo nome non podo lembrarme. Pero tiña algunhas características físicas que o marcaban: alto, moreno, de pelo negro acebiche e rizado, con negros lentes de pasta. Ensinoume algo que me ía servir moito no futuro: o uso das cores. A miña afección ao debuxo e a pintura empezou así.

Pero imos seguir coa Tafona. Fronte á escola había un almacén de coloniais.  Non é que eu comprara alí, pero eran ben visibles os sacos e caixas amontoados sempre na acera. Tamén vivía por ali Luis, "O Toti", ao que sempre acompañaba a cativada, subida ou tirando do seu carro. Regresaba petado de paquetes que viñan no "correo das seis". Tamén lembro ao Buján, xa perto da via do tren, que tiña un caballo percherón cun cú tan grande como unha praza de touros- así parecíamo a min-. E outro señor moi amable - que alguen me sople o seu nome-, que, sempre que me vía, me daba unha ou duas galletas de vainilla, rancias xa, pero que a min sabíanme a groria.

E conto todo isto, tan persoal, como unha homenaxe á Tafona. Porque a alguén, un aciago día, ocorreuselle cambiarlle o nome por "Rúa Lamas Carvajal". E non é que eu non valore a vida e obra deste escritor,  pero xa me cambiou a vida e a comunicación coa xente máis nova. Así que reivindiquemos o nome da Tafona, un arabismo, que chegou ao noso galego medieval seguramente por tradición mozárabe. Este nome servia de referencia a aqueles lugares onde se facía ou vendía o pan. E, para rematar, se ainda segue por alí a "Panadería Nuevo" que non nola movan como o topónimo da rúa onde estaba.

(Foto de Manuel Juan Otero Pérez).

Carlos Prieto Rodríguez.

 

lunes, 10 de agosto de 2020

TOPÓNIMOS DE VALDEORRAS


1.-PRÓLOGO

Poucas terras e poucas linguas teñen a riqueza que atesouramos nas nosas mans. Galicia, o país onde a cadaquén se lle chama polo nome de familia ou polo seu alcume. Galicia, un mosaico de pequenos lugares e aldeas. Cada un co seu nome ( ou nomes) e cada un asociado a unha esencia ou idea determinada. Son os nosos topónimos. Este traballo vai dirixido a por en valor este patrimonio inmaterial que temos e que seguramente nos pasa desapercibido. A darlle unha nova vida a aqueles lugares que desapareceron e a recuperar na nosa memoria a todos os homes e mulleres que os levantaron co seu esforzo.

Hai pouca ou ningunha documentación e información  escritas destes lugares. Temos que recurrir á bibliografía e topónimos  doutros territorios e procurar buscarlle o paralelismo cos nosos. E incluso poden xurdir algunhas ocurrencias. Imos intentar que sexan as menos. E gozar da vosa comprensión.

Por último,  agradecemos a súa colaboración desinteresada, sin a que seria imposible levar a cabo este traballo, aos nosos amigos e historiadores Ángel (“Gelito") Fernández Fernández  e Isidro  García Tato. E tamén aos nosos amigos Francisco (“Paco") Cobo Rodríguez, José  (“Pepe") Fernández PérezConchita Fernández López e resto de membros de Toponimia da Gallaecia. E a todos vós, queridos paisanos e lectores, que seguro nos vades botar unha man para que todos nos sintamos orgullosos deste traballo.


2.- VALDEORRAS: ORÍXES.

Val Guigurri < Val di Orres < Valdeorras.  Nome que vén a signficar “Val/terra dos Guigurros”.

¿Quén eran os “guigurri”?

Era o nome con que os romanos designaron aos nosos ancestros, aos habitantes da tribu que  habitaba no val do Sil Medio, que limitaba ao norte coa Serra da Enciña da Lastra e ao sul coa Serra do Eixe.

¿Por qué lle reciben ese nome e non outro?

Existe na actualidade falta de transparencia nestes topónimos rematados nos sufixos  –urro- e –arro-. O único que podemos constatar é a aparición dunha  serie  de etnónimos que se repiten  en  toda  a área occidental  da  “Cornisa  Cantábrica”, transmitidos tanto por as fontes clásicas como pola epigrafía, que terminan en –urro- o –arro-.

Hai unha hipótese que o relaciona co xentilicio Gigurro, “procurator metallorum” encargado por Roma da explotación mineira destas terras, segundo as fontes epigráficas anteriormente citadas.

 ¿Ónde aparecen por primeira vez citados os “guigurri”?

No Edicto de Bembibre do ano 16 a.C. Enviado polo Emperador César Augusto aos seus cónsules destinados nas nosas terras. Posteriormente aparece citados, en tempos de Agrippa,  por Plinio entre as 22 comunidades astures que conforman este territorio.

Edicto de Bembibre (ano 16 a.C.)

Empeza así: “El Emperador Augusto, hijo del divino (César),durante su novena potestad tribunicia…” y sigue na liña 19 “… Aliobrigiacinos de la gente de los Guigurros…”
Parece ser que este edicto foi enviado polo Emperador aos seus cónsules Marco Druso Libón e Lucio Calpurnio Pisón dándolles ordes precisas en relación a unas desercións ou sublevacións acontecidas neste territorio do noroeste de Iberia naqueles momentos.


Outros nomes de Valdeorras:

"In territorio Iorres" aparece nunha doazón ao Mosteiro de San Pedro de Montes.
"Valencia de Valdejurris" aparece posteriormente citado noutra doazón ao Convento de Correxais.


Bibliografía:

Luis Monteagudo García  “Populi y Castella en el Edicto de Bembibre”. Anuario Brigantino.

Blanca María Prósper  "En los mágenes de la Lingüística celta: los etnónimos del Noroeste de la Península Ibértica y una ley fonética del Hispano-Celta Occidental".



3. TOPÓNIMOS: CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS.


3-a) BARCO,O (San Amaro).




Outras hipóteses consideradas:

Joan Coromina  “Diccionario crítico etimológico de la Lengua Castellana” di que en ocasións, barco ten un significado diferente de navío, e podería ser semellante a "varga", choza, montón de feo, e tamén costa ou pendente. Ademais podería estar relacionado con  recipientes (barcal, artesa) e depresións ou concavidades no terreo. Este último é o valor que adoita representar na toponimia (Gonzalo Navaza; 2011:119). Sendo da mesma opinión  Nicandro Ares Vázquez.
Cabeza Quiles  "Os nomes de lugar", di que habería que relacionalo con *barc ou *barg, altura, costa, depresión.Topónimo orográfico definidor de depresións ou concavidades fluviais. Despois debeuse extender a instrumentos con esa forma.
Para Xosé Lluis García Arias deriva del latín “marginem”, con significado de “marxe, orela”, pois todos se encontran á beira dunha corrente de auga.




3-b) ALIXO(San Martiño).

PROCEDENCIA: aliso (alnus glutinosa). Ameneiro chamaríamoslle en galego. É unha árbore cuxo hábitat natural corresponde a lugares húmidos de ribeira. Polo que Alixo debeu de ser un lugar propicio ou abundante neste este tipo de árbores.
Aparece documentado en 1083 nunha doazón ao Mosteiro de Montes “quam vocitant Sancti Martini un territorio Iorres in villa que nuncupant Aliso".
Esta explicación tan sinxela deunos moitos quebradeiros de cabeza, quizáis pola súa obviedade.

-         
  Outras hipótesis consideradas:

- Que proceda do orónimo Alegium ou Elegium.
- Forrma derivada de “Ad lixum” (ao pé do lavadoiro) lixo < lixivare con significado de “disolver", “lavar", en alusión a posibles lavadoiros ou canles de auga aproveitados polos romanos para lavar o ouro extraído nas minas.

Bibliografía:

María del Carmen Gómez Bajo "La formación del Feudalismo en Valdeorras..."




3-c ) CASTRO DE VALDEORRAS,O (Santa María).

PROCEDENCIA: latín castrum. Con significado de "forte ou poboado fortificado". Aparecen na Idade do Ferro e son moi abondosos en España e Portugal (alí chámanlles “cividades" ou “citanias").
Obviamente o lugar recibe este nome porque está asentado sobre un antigo castro. Resulta un topónimo transparente, que se repite moito pola nosa xeografía e forma unha parte moi importante da nosa onomástica.

O Castro aínda  conserva restos dunha fortaleza realenga documentada por primeira vez no S. XIV, que pasou por distintos donos e serviu de punto estratéxico de vixiancia de entrada a Galicia. Tamén se conserva o Pazo do Castro, do S. XVII, considerado Edificio Histórico Artistico e actualmente dedicado a hotel.



3-d ) CESURES (San Clemente).


PROCEDENCIA: latín  caedare< cesaris
En Galicia temos outros nomes paralelos como Pontecesures, Cesures (Manzaneda). Tamén hai a variante Cesuras. En Asturias, Cezures. Existe tamen Cesures en Vilanova de Famalicao (PO). E todas estas poboacións coinciden en estar situadas en similares desniveis de terreo.

Bibliografia:

Fernando Cabeza Quiles  “Toponimia de Galicia".
Almeida Fernandes  “Toponimia Portuguesa sub Cesuros".



3-e) COEDO (San Antonio).

PROCEDENCIA: ten unha base celta (do antigo galo) konniu < conho. Pasa ao latin como cuneu(m) < coyo < coio. Actualmente aínda conserva o galo francés a forma “crodio" co significado de “duro, difícil”. Polo tanto, coído ou coedo vén significar “lugar de coios, riarengas, cantos rodados".
Existen varios lugares en Galicia con este nome ou precedido do artigo, sendo en Lugo máis frecuentes. En Navia (Asturias) existe a Praia de Coedo.  En Italia existe a cidade de Cuneo.
 Para rematar, salientar que tamén aparece na Onomástica Galega.

Bibliografía:

Laura Ferro Devesa  “Toponimia do Concello de Friol".


3-f) ENTOMA (San Xoán).

PROCEDENCIA: “inter - oma",  hidronímico prerromano, de base celta “uxama", con significado de  “entre ríos”. Axústase perfectamente á realidade xeográfica do lugar pois se sitúa entre o Sil e o seu afluente o Galir (sen esquecer o Regueiro da Portela).

Formas diferentes e co mesmo significado, como Entre Os Ríos ou Entre-os-Ríos, encontramos noutros sitios de Galicia e Portugal. Tamén aparece a forma Entrerríos de xeito fluido como onomástico.

Bibliografía:

Gonzalo Mateo Sanz “Topónimos y apellidos españoles de origen ibérico o pre-latino".  Considera que significa “colina pantanosa" ou “la colina del pequeño humedal"  (enta-oma).

Guillermo Tejada Álamo “Topónimos e Hidrónimos". Confirma nuestras primeras impresiones.

Plinio “Pliniae exercitaciones". Hai unha referencia documental que nos axuda na busca “At Plinius vult ranas tantum maículas lingua intima a future abfoluta voces mitere…” A forma latina arcaica “intuma", con significado de “ o máis interior, no máis profundo".


3-g) FORCADELA E NOGALEDO (Santiago).

FORCADELA

Este topónimo e outras variantes son relativamente frecuentes e veñen derivados de “forca", en referencia realmente á bifurcación  dun río ou regato. Tamén poderían referirse á bifurcación dun camiño ou de montañas. Son parientes Forcada, Forcadiña, Forqueta…

Ademais do topónimo valdeorrés, tamén o localizamos en Tomiño (PO) e O Saviñao (LU).

En portugués,  tamén se rexistra  “forca" como “desfiladeiro".

En catalán,  existen as formas Forques, Forcat(s), Forcada-es, Forcal, Forquet, aludindo a un accidente xeográfico,  a unha bifurcación  nun camiño, río,  val ou barranco, segundo Corominas.

Bibliografía:

“Toponimia maior de Ortigueira", en “toponimiaortigueira.blogspot.com".

Outra hipótese:

Forcadela podería referirse ao nome do Insecto “forticula aricularia", coñecida como “cadela de frade".

 

NOGALEDO

Sufixo colectivo ou abundancial de nogueiras. Como Nocedo/a, Nogaredo/a, Nogueiredo/a, etc. Puede que por influencia del leonés.

Bibliografía:

Jesús  García y Garcia,  “Los límites  lingüísticos  en el Bierzo, vistos en la Toponimia". 


3-h) MILLAROUSO E SANTURXO (A Concepción).

MILLAROUSO

PROCEDENCIA: latín “milium”, con significado de “millo/mijo, sorgo”. Topónimo abundancial referido a un lugar rico na producción de millo e demais.

Citado en documento do ano 1096 no Tumbo de San Pedro de Montes "... in territorio Iorres, in villa que nuncupant Millaros, prope ecclesie sancto Jurgio, prope flumine Sile..."

 

SANTURXO

Hagiotopónimo de San Xurxo. Pois no pasado estivo baixo a advocación deste santo patrón, segundo as citas que se aportan.

En documento do ano 1096 no Tumbo de San Pedro de Montes "... in territorio Iorres, in villa que nuncupant Millaros, prope ecclesie sancto Jurgio, prope flumine Sile..."

"... in territorio Iorres, in villa que nuncupant Millaros, prope ecclesie sancto Jurgio, prope flumine Sile..."

 Bibliografía: Isidro García Tato.


3-i) PROBA, A (Santa María).

Procedencia: Deturpación do topónimo  “La Puebla" ao pasalo ao galego. Non sabemos a razón desta alteración, porque nos  outros topónimos galegos aparece coa forma “Pobra” (Pobra de Trives, Pobra do Brollón, Pobra do Caramiñal).

O termo “Puebla”  aparece citado en dous documentos medievais. En primero lugar, en  escrito de 24 de novembro de 1276 no que o infante don Sancho, fillo de Alfonso X, “O Sabio”,  asina na “Puebla de Valdeorres" un privilegio ao mosteiro de Santa María de Melón”.

E outro documento de 22 de marzo de 1336 no que Alfonso XI doa a don Pedro Fernández de Castro,  señor de Lemos, “La Puebla  de Valdeorres con todo su alfoz".

Bibliografía:

Isidro García Tato  “Priorato de Xagoaza".


Ou acaso, a diferencia doutras pobras (“popula”),  podería derivar do latín “pábula” referido aos “pasteiros” do exército ou “cursus publicus” romanos. 

Ese vicus romano da Vía Nova, que aínda se encontra por alí soterrado, podería garantir esta nova hipótese.

 

3-j) SANTA MARIÑA DO MONTE (Santa Mariña).

Hagiotopónimo, que conserva o nome da súa santa patroa. Se lle engade o segundo termo “do Monte” para diferenciala doutras poboacións co mesmo nome.


3-k) SANTIGOSO (San Miguel).

Procedencia: latin “sentix- icis", con significado de “zarza". Coa adición do sufixo abundancial -osa, deu o derivado popular “senticosa” con significado de “lugar abundante en zarzas". As formas Santigosa e Sentigosa poderian verse reconstruidas no Medioevo a partir de “santiga" (zarza, arbusto espinoso). Aparecen diseminadas pola zona pirenaica. Está documentado “villarejo que dicunt Sintigosa (Coll de Santigosa), San Joan de les Abadeses Sandicosa que deu Coll de Santigosa.

Bibliografía:

Javier Terrado Pablo “Léxico patrimonial y metacedeusis en los nombres de lugar".


3-l) VILOIRA (San Martiño).

Procedencia: latín “villa aurea”. Hai distintas hipótesis para xustificar ese nome. A primeira , e máis aceptada, é que a vila está nun entorno de cor áurea e/ou terá as súas casas feitas con pedra desa cor. A segunda que Viloira está asociada aos abondosos aproveitamentos auríferos de toda a Conca do Sil. Na mesma liña estaría Oira, en Ourense, tamén vencellada ás explotacións  mineiras romanas. E a última hipótese, que podería ser un hidrónimo rematado en –oira (raíz awer-), con significado de “fluir”, relativo a correntes de auga. En condicións similares ao río Ouro, antiguamente chamado Aurio.

Paralelismo: En Chantada e O Incio existe tamén lugares co mesmo nome. E outras similares, como Oira, As Oiras (Alfoz), Fontoira. Ou a variante dialectal Viloura (Castrelos).

Bibliografía:

Fernando Cabeza Quiles “Topónimos de Galicia”.

Edelmiro Bascuas López  “Mondoñedo y Valoria”, en “Estudios Mindonienses”.


3-m) XAGOAZA (San Miguel).

Procedencia: fitopónimo abundancial de chaguazo (halimium ocymoides ). Del árabe hispánico y mozárabe “šaqwáṣ”. Arbusto da familia das cistáceas do que existen varias especies, de follas case aciculares e abrancazadas polo envés.

Este nome aparece citado no Tombo do Mosteiro de San Pedro de Montes nunha doazón de Tello Eiriz co nome Saguaza e Xaguaças.

Hoxendía todas as palabras relacionadas con este termo remítenos ao ámbito occidental da Península, baixo o dominio do antigo Reino de León.

Paralelismo: encontramos a parroquia Chaguazoso na Mezquita (OU). E tamén nos onomásticos desas zonas.

Bibliografía:

María C. Rodríguez  González  “ Un ejemplo de aproximación al estudio de un núcleo de población rural, a través de la documentación monástica medieval”.

Augusto Quintana Prieto “Tumbo Viejo de san Pedro de Montes”

Juan Carlos González Ferrero. “Léxico vitícola tradicional D.O. Toro”.

Blog “Un maragatín na ciudá”  “La siega”.


4.OUTROS LUGARES OU ALDEAS:

Candís, As Carreiras, O Córrego, Outarelo, Raxoá, Veigadecabo, Vilabril (desaparecido).


CANDÍS:

Procedencia: voz prerromana canda, candano, emparentada coa latina “candere" (arder). Pode que lembre un antigo lugar ou monte abundante en candas, pólas secas ou garabullos que se empregaban para prender o lume nas larreiras.

 

CARREIRAS, AS:

Procedencia: latín (viam) carrariam, posiblemente a través da palabra céltica “carrum”, con significado de “camiño de carro”, polo que resultaría máis ancha có carreiro. Aparece como topónimo de lugar, moi repartido pola xeografía de Galicia. Tamén aparece como apelido, máis abondoso na provincia de Lugo.

 

CÓRREGO:

Procede do latín  “corrugus" con significado de  “canle de auga cuxo curso está rectificado, corrección do curso dun río". Probablemente relacionado coas explotacións auríferas romanas empregadas na técnica “ruina montium “, segundo Plinio.


OUTARELO:

 Procedencia: palabra latina “altarellum”, diminutivo de “altarium”. Que vén a significar “pequeno outeiro” (pequena e illada elevación de terreo).

 

RAXOÁ:

Procedencia: latín diminutivo de rasu(m) < rásulum <rasólum <raseolum con significado de “pequeno cabezo totalmente rozado.

Sendo un nome de orixe incerto, non resulta único, pois se atopan outras variantes, como Arrexoá, A Rexoá, Arrexuaá.

Estas formas  localízanse na zona oriental de Galicia, incluida Asturias e terras de Tras-Os-Montes.

 

VEIGADECABO:

Nome transparente e composto.” Veiga” con significado de “terra dedicada a pasto ou producción agrícola” e “Cabo” alude a “un punto alonxado do núcleo poboacional”.

 

VILABRIL (desaparecido).

Foi un lugar pequeno, posiblemente habitado dende época medieval, polas referencias documentais,  ata a súa desaparición. Á beira do Sil, tiña un clima benigno e unhas terras de grande calidade, propicias para o desenvolmento agrícola.  Pasado o tempo, só contaba con catro veciños no Catastro da Ensenada (1752). E xa non aparece citada no Diccionario de Madoz (mediados S. XIX). 

Podería derivar de “Uilla Aprilii”, antigo posesor de orixe latina chamado Aprilius ou de “Uilla Berildi”, nome Berildius, antropónimo de orixe xermánica. Tamén cómpre apuntar que  aparece citada a forma “Villare Berilli” nun pergameo mindoniense  do S. X,  tal como puido ocorrer co Vilabril das Negradas, no concello de Mañón. 

Bibliografía:

Xosé González "Apuntes sobre a microtoponimia do Concello de Vicedo".

domingo, 15 de abril de 2018

O Sito e o Veirasil

https://www.youtube.com/watch?v=jfbfIF8UK3M (Vídeo de Gustavo Docampo).

Grandes momentos do Baloncesto en O Barco

https://www.youtube.com/watch?v=4HLAYoqgtr8&sns=fb (Vídeo de Gustavo Docampo).

martes, 25 de noviembre de 2014

Raúl Rodríguez, el púgil "Raúl Rod"





PERSONAJES DE O BARCO: RAÚL RODRÍGUEZ, ALIAS “RAÚL ROD”. 

RESEÑA BIOGRÁFICA 
Raúl Rodríguez, alias Raúl Rod, nació en Brasil. Hijo de padres emigrantes barquenses. Sus padres regresaron a O Barco, donde abrieron una tienda o comercio en San Roque. El nombre de su padre era Casimiro. Uno de sus hermanos era el “Quin de la Lela” (Enrique Rodríguez Fernández), que fue alcalde de O Barco. En su etapa pugilística, Raúl Rod viajaba con frecuencia a O Barco y llamaba mucho la atención que traía a un “sparring” negro para entrenar. Por esta época lo cita Ramón Carnicer Blanco, escritor berciano, diciendo de él que “tenía muy buena planta y todas querían bailar con él”. Después de una interesante vida pugilística, trabajó en algunas películas de Cesáreo González, como “Polizón a bordo” y “Unos pasos de mujer”. Después de esta azarosa vida, invirtió en el transporte del pescado, pasando la mayor parte de su vida en Madrid. Aquí murió en un trágico accidente, atropellado por un coche. 

CARRERA PUGILÍSTICA
Anuncio de Velada en Madrid (Mundo Deportivo 22-05-1925): Velada en la Plaza de Toros de Madrid, que incluye el combate entre Raúl Rod y Geo Griser a 10 “rounds”. Se refiere a él con el calificativo de “esperanza española” en la categoría de los pesos semifuertes.

Resultado de la Velada anterior(Mundo Deportivo, 31-05-1925): Raúl Rod ha batido por K.O. a Griser en el 3º asalto, confirmando el gallego la contundencia de su “punch”.

Anuncio de Velada en Madrid (Mundo Deportivo 10-02-1926): Mañana, día 11, combate entre La Mata contra Raúl Rod en la Sociedad Palestra Boxing. Raúl Rod, la “esperanza gallega”, luchará contra Antonio de La Mata, la “esperanza catalana” de los pesos fuertes.

Resultado de la Velada (Mundo Deportivo, 10-03-1926): La Mata batió a Raúl Rod en un solo “round”. El árbitro declaró la inferioridad de Raúl Rod, después de caer varias veces en el tapiz. La decisión arbitral ha parecido algo precipitada.

Noticia de Mundo Deportivo, 16-04-1926: Raúl Rod se ha embarcado con rumbo a Argentina, donde peleará con Ferrara y probablemente con Campolo. Después viajará a Brasil.

Noticia de Mundo Deportivo, 01-08-1926: Raúl Rod, campeón de Galicia y Castilla, reta a Molero, campeón de España del peso semipesado para la disputa del Campeonato.

Noticia de Mundo Deportivo, 24-09-1926: Raúl Rod reta a Antonio Mata, campeón de Cataluña.




Referencias una década después…
Referencia (Diario Deportivo, 24-01-1932): En una noticia relacionada con el combate entre Roberto Sanz y Raimundo Montes en Buenos Aires, se hace una alusión a los malos resultados deportivos, entre ellos el de Raúl Rod.

Referencia (Diario Deportivo, 22-02-1932): En una noticia del combate entre La Roe-Lete, se indica que Raúl Rod hace poco ha sido batido por La Roe en Madrid.

Referencia (Mundo Deportivo, año 1932?): Analizando el historial del boxeador Machado, hace una referencia diciendo que éste venció a Raúl Rod en 1926.

Referencia (Mundo Deportivo, año 1932): Del 6 al 12, no sabemos de qué mes, se celebra una Semana Gimnástica en Madrid. Exhibiciones de varios deportes, en boxeo varios amateurs y profesionales, entre los que participa Raúl Rod.


MIS AGRADECIMIENTOS: A Ángel Fernández Fernández por la información facilitada sobre los antecedentes familiares del púgil valdeorrés. También por la cesión de la última foto de la publicación, donde aparece el verdadero Raúl Rod en uno de sus viajes a O Barco. A Mundo Deportivo por el material periodístico, relacionado con la carrera pugilística de Raul Rod sacado de su hemeroteca. A "EL Muro del Malecón", grupo de Facebook de mis paisanos, por las dos primeras fotos que sirven para darle a la publicación un poco de ambiente pugilístico. (Posiblemente, la primera esté relacionada con la vida del boxeador en su etapa barquense; en la segunda salen dos paisanos nuestros Manuel Fernández y "Perillo" de San Roque, probablemente en el gimnasio que dirigía este último).

miércoles, 3 de septiembre de 2014

Monasterio e iglesia de San Salvador de O Mao (O Incio-Lugo).

EXTERIOR: ESPADAÑA


CEMENTERIO










PUERTA EXTERIOR






INTERIOR: VISTA GENERAL



RESTOS PINTURAS MURALES









RETABLOS












OTROS DETALLES












Monasterio e iglesia de San Salvador de O Mao (O Incio-Lugo).
Es de suponer, por las fuentes documentales encontradas, que fue contemporáneo del cenobio de Samos, pasando siglos a depender del mismo mediante donación real efectuada por Bermudo II el día 30 de julio del año 991… De todo el conjunto monasterial, solamente llegó a nosotros la iglesia y unas cuantas ruinas de lo que fue la casa rectoral. L obra románica está bastante mutilada por el gran número de reformas posteriores, algunas de ellas totalmente desafortunadas. Formada por nave rectangular, techumbre a dos aguas soportada por recias vigas de madera y tablazón que soporta el peso de la pizarra “lousas do país”descansando las vigas sobre toscos modillones. La puerta de acceso remata en arco de medio punto sin impostas ni arquivoltas, exenta de tímpano, quedando a cada lado dos bloques de granito decorados por círculos incisos (que todo hace suponer que dichos bloques fueron labrados con anterioridad a la obra románica; el ábside por la parte exterior se halla dividido en cuatro espacios ciegos separados mediante cinco pilastras carentes de motivos ornamentales. El arco triunfal es doblado de arista con una arquivolta interior apoyada sobre rústicas impostas que tuvieron decoración, según se puede deducir por unas pequeñas huellas de ésta. Lo que más sorprende den las tres iglesias del valle do Mao son sus cementerios que están cubiertos con una techumbre más baja que el templo y circundan totalmente éstas, a modo de deambulatorio (claustro), que a su vez sirven de necrópolis y lugar donde se cobijan los fieles antes y después de los actos religiosos. Cuenta también con un retablo mayor de marcado estilo renacentista, y ambos lados de éste otros más modernos del S. XIX.
Información extraída de “O Incio, Paisaje, Historia y Patrimonio”, obra de Luis López Pombo.