Un dos moitos lugares que non coñezo de Valdeorras, pero do
que teño referencias orais dende a miña tenra infancia. Razón pola que teño que
recurrir a unha foto de “InesD” para ilustrar esta publicación. Pequeno lugar
que pertence ao concello de Carballeda e que está a 1254 m. de altitude. Moi próximo
ao territorio leonés.
Para min este nome sempre tivo unha sonoridade especial. Un
lugar moi lonxano, inaccesible e misterioso.
Pero axiña comecei a procurarlle parentela. Un par de
Lardeiros na Coruña e Lugo. Lardosa, en Portugal. Un Llardeiru en Asturias.
Outro Lardero na Rioxa, hoxendía zona residencial anexionada á sua capital. Ata
os italianos teñen unha delicatessen chamada "lardo".
O misterio xa vai desaparecendo e podemos irlle dando unha
explicación a este topónimo. Seica
procede do latín "lardum-i", por iso aparece esta parentela nas
lenguas romances. E vén a significar "graxa, touciño, sebo do porco".
Polo que xa imos concluindo que Lardeira foi, e supoñemos que seguirá a ser, un "lugar propicio para a curación de
embutidos e productos derivados do porco".
Rematando, engadimos a esta serie o adxectivo
"lardeiro/a", aplicado a costumes ou prácticas relacionados co
entroido ("martes/domingo lardeiro", "colgar o
lardeiro/lardeira"). Expresións moi usadas nas terras da nosa contorna e
dos nosos veciños bercianos.
BIBLIOGRAFIA:
Wikipedia.
Diccionarios de latín e italiano.
" O Bierzo Ceibe", Javier Lago Mestre.
Fotografía de InesD.
No hay comentarios:
Publicar un comentario