1.-PRÓLOGO
Poucas terras e poucas linguas teñen a riqueza que
atesouramos nas nosas mans. Galicia, o país onde a cadaquén se lle chama polo
nome de familia ou polo seu alcume. Galicia, un mosaico de pequenos lugares e
aldeas. Cada un co seu nome ( ou nomes) e cada un asociado a unha esencia ou
idea determinada. Son os nosos topónimos. Este traballo vai dirixido a por en
valor este patrimonio inmaterial que temos e que seguramente nos pasa
desapercibido. A darlle unha nova vida a aqueles lugares que desapareceron e a
recuperar na nosa memoria a todos os homes e mulleres que os levantaron co seu
esforzo.
Hai pouca ou ningunha documentación e información escritas destes lugares. Temos que recurrir á bibliografía e topónimos doutros
territorios e procurar buscarlle o paralelismo cos nosos. E incluso poden xurdir
algunhas ocurrencias. Imos intentar que sexan as menos. E gozar da vosa
comprensión.
Por último, agradecemos
a súa colaboración desinteresada, sin a que seria imposible levar a cabo este
traballo, aos nosos amigos e historiadores Ángel (“Gelito") Fernández
Fernández e Isidro García Tato. E tamén aos nosos amigos
Francisco (“Paco") Cobo Rodríguez, José (“Pepe") Fernández Pérez e Conchita Fernández López e resto de membros de Toponimia da Gallaecia. E a todos vós, queridos paisanos e lectores, que
seguro nos vades botar unha man para que todos nos sintamos orgullosos deste
traballo.
2.- VALDEORRAS: ORÍXES.
Val Guigurri < Val di Orres < Valdeorras. Nome que vén a signficar “Val/terra dos
Guigurros”.
¿Quén eran os “guigurri”?
Era o nome con que os romanos designaron aos nosos ancestros, aos habitantes da tribu que habitaba no val do Sil Medio, que limitaba ao
norte coa Serra da Enciña da Lastra e ao sul coa Serra do Eixe.
¿Por qué lle reciben ese nome e non outro?
Existe na actualidade falta de transparencia nestes topónimos
rematados nos sufixos –urro- e –arro-. O
único que podemos constatar é a aparición dunha
serie de etnónimos que se repiten en
toda a área occidental da
“Cornisa Cantábrica”, transmitidos
tanto por as fontes clásicas como pola epigrafía, que terminan en –urro- o
–arro-.
Hai unha hipótese que o relaciona co xentilicio Gigurro, “procurator
metallorum” encargado por Roma da explotación mineira destas terras, segundo as
fontes epigráficas anteriormente citadas.
¿Ónde aparecen por primeira
vez citados os “guigurri”?
No Edicto de Bembibre do ano 16 a.C. Enviado polo Emperador
César Augusto aos seus cónsules destinados nas nosas terras. Posteriormente
aparece citados, en tempos de Agrippa, por Plinio entre as 22 comunidades astures que
conforman este territorio.
Edicto de Bembibre
(ano 16 a.C.)
Empeza así: “El Emperador Augusto, hijo del divino (César),durante
su novena potestad tribunicia…” y sigue na liña 19 “… Aliobrigiacinos de la
gente de los Guigurros…”
Parece ser que este edicto foi enviado polo Emperador aos
seus cónsules Marco Druso Libón e Lucio Calpurnio Pisón dándolles ordes precisas en
relación a unas desercións ou sublevacións acontecidas neste territorio do
noroeste de Iberia naqueles momentos.
Outros nomes de Valdeorras:
"In territorio Iorres" aparece nunha doazón ao Mosteiro de San Pedro de Montes.
"Valencia de Valdejurris" aparece posteriormente citado noutra doazón ao Convento de Correxais.
Bibliografía:
Luis Monteagudo García
“Populi y Castella en el Edicto de Bembibre”. Anuario Brigantino.
Blanca María Prósper "En los mágenes de la Lingüística celta: los etnónimos del Noroeste de la Península Ibértica y una ley fonética del Hispano-Celta Occidental".
3. TOPÓNIMOS: CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS.
3-a) BARCO,O (San Amaro).
Outras hipóteses consideradas:
Joan Coromina “Diccionario
crítico etimológico de la Lengua Castellana” di que en ocasións, barco ten un
significado diferente de navío, e podería ser semellante a "varga",
choza, montón de feo, e tamén costa ou pendente. Ademais podería estar relacionado
con recipientes (barcal, artesa) e
depresións ou concavidades no terreo. Este último é o valor que adoita
representar na toponimia (Gonzalo Navaza; 2011:119). Sendo da mesma opinión Nicandro Ares Vázquez.
Cabeza Quiles "Os nomes de lugar", di que habería
que relacionalo con *barc ou *barg, altura, costa, depresión.Topónimo
orográfico definidor de depresións ou concavidades fluviais. Despois debeuse
extender a instrumentos con esa forma.
Para Xosé Lluis García Arias deriva del latín “marginem”, con significado de “marxe, orela”,
pois todos se encontran á beira dunha corrente de auga.
3-b) ALIXO(San Martiño).
PROCEDENCIA: aliso (alnus glutinosa). Ameneiro chamaríamoslle en galego. É unha árbore cuxo hábitat
natural corresponde a lugares húmidos de ribeira. Polo que Alixo debeu de ser un lugar propicio ou abundante neste este
tipo de árbores.
Aparece documentado en 1083 nunha doazón ao Mosteiro de Montes “quam
vocitant Sancti Martini un territorio Iorres in villa que nuncupant Aliso".
Esta explicación tan sinxela deunos moitos quebradeiros de
cabeza, quizáis pola súa obviedade.
-
Outras hipótesis consideradas:
- Que proceda do orónimo Alegium ou Elegium.
- Forrma derivada de “Ad lixum” (ao pé do lavadoiro) lixo < lixivare con significado de “disolver", “lavar", en alusión a
posibles lavadoiros ou canles de auga aproveitados polos romanos para lavar o
ouro extraído nas minas.
Bibliografía:
María del Carmen Gómez Bajo "La formación del Feudalismo en Valdeorras..."
3-c ) CASTRO DE VALDEORRAS,O (Santa María).
PROCEDENCIA: latín
castrum. Con significado de "forte ou poboado fortificado". Aparecen na Idade do Ferro e son moi abondosos
en España e Portugal (alí chámanlles “cividades" ou “citanias").
Obviamente o lugar recibe este nome porque está asentado
sobre un antigo castro. Resulta un topónimo transparente, que se repite moito
pola nosa xeografía e forma unha parte moi importante da nosa onomástica.
O Castro aínda conserva restos dunha fortaleza realenga documentada por primeira vez no S. XIV, que pasou por distintos donos e serviu de punto estratéxico de vixiancia
de entrada a Galicia. Tamén se conserva o Pazo do Castro, do S. XVII,
considerado Edificio Histórico Artistico e actualmente dedicado a hotel.
3-d ) CESURES (San Clemente).
PROCEDENCIA: latín caedo, cecidi, caesum <cesuras <cisura <scisura (“crescentia seu
scisuras dicti nemoris") con significado de “abertura sutil,
corte que se fai en calquera cousa”. A nivel quirúrgico ese corte
lle damos en chamar cesárea. Dende o punto de vista orográfico fai
alusión a “unha cortadura, corte ou desnivel de terreo sobre o que
se asenta este lugar..
Nomes paralelos os temos en
Pontecesures, Cesures (Manzaneda). Tamén hai a variante Cesuras. En
Asturias, Cezures. Existe tamen Cesures en Vilanova de Famalicao
(PO). E todas estas poboacións coinciden en estar situadas en
similares desniveis de terreo.
Bibliografia:
Fernando Cabeza Quiles “Toponimia
de Galicia".
Almeida Fernandes “Toponimia
Portuguesa sub Cesuros".
3-e) COEDO (San Antonio).
PROCEDENCIA: ten unha base celta (do antigo galo) konniu <
conho. Pasa ao latin como cuneu(m) < coyo < coio. Actualmente aínda
conserva o galo francés a forma “crodio" co significado de “duro, difícil”.
Polo tanto, coído ou coedo vén significar “lugar de coios, riarengas, cantos
rodados".
Existen varios lugares en Galicia con este nome ou precedido
do artigo, sendo en Lugo máis frecuentes. En Navia (Asturias) existe a Praia de
Coedo. En Italia existe a cidade de
Cuneo.
Para rematar, salientar que tamén
aparece na Onomástica Galega.
Bibliografía:
Laura Ferro Devesa
“Toponimia do Concello de Friol".
3-f) ENTOMA (San Xoán).
PROCEDENCIA: “inter - oma", hidronímico prerromano, de base celta
“uxama", con significado de “entre
ríos”. Axústase perfectamente á realidade xeográfica do lugar pois se sitúa entre
o Sil e o seu afluente o Galir (sen esquecer o Regueiro da Portela).
Formas diferentes e co mesmo significado, como Entre Os Ríos
ou Entre-os-Ríos, encontramos noutros sitios de Galicia e Portugal. Tamén
aparece a forma Entrerríos de xeito fluido como onomástico.
Bibliografía:
Gonzalo Mateo Sanz “Topónimos y apellidos españoles de
origen ibérico o pre-latino". Considera
que significa “colina pantanosa" ou “la colina del pequeño
humedal" (enta-oma).
Guillermo Tejada Álamo “Topónimos e Hidrónimos".
Confirma nuestras primeras impresiones.
Plinio “Pliniae exercitaciones". Hai unha referencia
documental que nos axuda na busca “At Plinius vult ranas tantum maículas lingua
intima a future abfoluta voces mitere…” A forma latina arcaica “intuma",
con significado de “ o máis interior, no máis profundo".
3-g) FORCADELA E NOGALEDO (Santiago).
FORCADELA
Este topónimo e outras variantes son relativamente
frecuentes e veñen derivados de “forca", en referencia realmente á bifurcación dun río ou regato. Tamén poderían referirse á
bifurcación dun camiño ou de montañas. Son parientes Forcada, Forcadiña,
Forqueta…
Ademais do topónimo valdeorrés, tamén o localizamos en
Tomiño (PO) e O Saviñao (LU).
En portugués, tamén
se rexistra “forca" como
“desfiladeiro".
En catalán, existen
as formas Forques, Forcat(s), Forcada-es, Forcal, Forquet, aludindo a un
accidente xeográfico, a unha
bifurcación nun camiño, río, val ou barranco, segundo Corominas.
Bibliografía:
“Toponimia maior de Ortigueira", en
“toponimiaortigueira.blogspot.com".
Outra hipótese:
Forcadela podería referirse ao nome do Insecto “forticula
aricularia", coñecida como “cadela de frade".
NOGALEDO
Sufixo colectivo ou abundancial de nogueiras. Como Nocedo/a,
Nogaredo/a, Nogueiredo/a, etc. Puede que por influencia del leonés.
Bibliografía:
Jesús García y
Garcia, “Los límites lingüísticos
en el Bierzo, vistos en la Toponimia".
3-h) MILLAROUSO E SANTURXO (A Concepción).
MILLAROUSO
PROCEDENCIA: latín “milium”, con significado de “millo/mijo,
sorgo”. Topónimo abundancial referido a un lugar rico na producción de millo e
demais.
Citado en documento do ano 1096 no Tumbo de San Pedro de
Montes "... in territorio Iorres, in villa que nuncupant Millaros, prope
ecclesie sancto Jurgio, prope flumine Sile..."
SANTURXO
Hagiotopónimo de San Xurxo. Pois no pasado estivo baixo a
advocación deste santo patrón, segundo as citas que se aportan.
En documento do ano 1096 no Tumbo de San Pedro de Montes
"... in territorio Iorres, in villa que nuncupant Millaros, prope ecclesie
sancto Jurgio, prope flumine Sile..."
"... in territorio Iorres, in villa que nuncupant
Millaros, prope ecclesie sancto Jurgio, prope flumine Sile..."
Bibliografía: Isidro García Tato.
3-i) PROBA, A (Santa María).
Procedencia: Deturpación do topónimo
“La Puebla" ao pasalo ao galego. Non sabemos a razón desta
alteración, porque nos outros topónimos
galegos aparece coa forma “Pobra” (Pobra de Trives, Pobra do Brollón, Pobra do
Caramiñal).
O termo “Puebla” aparece citado en dous documentos medievais. En
primero lugar, en escrito de 24 de
novembro de 1276 no que o infante don Sancho, fillo de Alfonso X, “O
Sabio”, asina na “Puebla de
Valdeorres" un privilegio ao mosteiro de Santa María de Melón”.
E outro documento de 22 de marzo de 1336 no que Alfonso XI
doa a don Pedro Fernández de Castro,
señor de Lemos, “La Puebla de
Valdeorres con todo su alfoz".
Bibliografía:
Isidro García Tato
“Priorato de Xagoaza".
Ou acaso, a diferencia doutras pobras (“popula”), podería derivar do latín “pábula” referido aos
“pasteiros” do exército ou “cursus publicus” romanos.
Ese vicus romano da Vía Nova, que aínda se encontra por alí soterrado, podería garantir esta nova hipótese.
3-j) SANTA MARIÑA DO MONTE (Santa Mariña).
Hagiotopónimo, que conserva o nome da súa santa patroa. Se lle
engade o segundo termo “do Monte” para diferenciala doutras poboacións co mesmo
nome.
3-k) SANTIGOSO (San Miguel).
Procedencia: latin “sentix- icis", con significado de
“zarza". Coa adición do sufixo abundancial -osa, deu o derivado popular
“senticosa” con significado de “lugar abundante en zarzas". As formas
Santigosa e Sentigosa poderian verse reconstruidas no Medioevo a partir de
“santiga" (zarza, arbusto espinoso). Aparecen diseminadas pola zona
pirenaica. Está documentado “villarejo que dicunt Sintigosa (Coll de
Santigosa), San Joan de les Abadeses Sandicosa que deu Coll de Santigosa.
Bibliografía:
Javier Terrado Pablo “Léxico patrimonial y metacedeusis en
los nombres de lugar".
3-l) VILOIRA (San Martiño).
Procedencia: latín “villa aurea”. Hai distintas hipótesis para
xustificar ese nome. A primeira , e máis aceptada, é que a vila está nun
entorno de cor áurea e/ou terá as súas casas feitas con pedra desa cor. A
segunda que Viloira está asociada aos abondosos aproveitamentos auríferos de
toda a Conca do Sil. Na mesma liña estaría Oira, en Ourense, tamén vencellada ás
explotacións mineiras romanas. E a
última hipótese, que podería ser un hidrónimo rematado en –oira (raíz awer-),
con significado de “fluir”, relativo a correntes de auga. En condicións
similares ao río Ouro, antiguamente chamado Aurio.
Paralelismo: En Chantada e O Incio existe tamén lugares co mesmo
nome. E outras similares, como Oira, As Oiras (Alfoz), Fontoira. Ou a variante
dialectal Viloura (Castrelos).
Bibliografía:
Fernando Cabeza Quiles “Topónimos de Galicia”.
Edelmiro Bascuas López
“Mondoñedo y Valoria”, en “Estudios Mindonienses”.
3-m) XAGOAZA (San Miguel).
Procedencia: fitopónimo abundancial de chaguazo (halimium
ocymoides ). Del árabe hispánico y mozárabe “šaqwáṣ”. Arbusto da familia das
cistáceas do que existen varias especies, de follas case aciculares e
abrancazadas polo envés.
Este nome aparece citado no Tombo do Mosteiro de San Pedro
de Montes nunha doazón de Tello Eiriz co nome Saguaza e Xaguaças.
Hoxendía todas as palabras relacionadas con este termo
remítenos ao ámbito occidental da Península, baixo o dominio do antigo Reino de
León.
Paralelismo: encontramos a parroquia Chaguazoso na Mezquita
(OU). E tamén nos onomásticos desas zonas.
Bibliografía:
María C. Rodríguez
González “ Un ejemplo de
aproximación al estudio de un núcleo de población rural, a través de la
documentación monástica medieval”.
Augusto Quintana Prieto “Tumbo Viejo de san Pedro de Montes”
Juan Carlos González Ferrero. “Léxico vitícola tradicional
D.O. Toro”.
Blog “Un maragatín na ciudá”
“La siega”.
4.OUTROS LUGARES OU ALDEAS:
Candís, As Carreiras, O Córrego, Outarelo, Raxoá, Veigadecabo,
Vilabril (desaparecido).
CANDÍS:
Procedencia: voz prerromana canda, candano, emparentada coa latina
“candere" (arder). Pode que lembre un antigo lugar ou monte abundante en
candas, pólas secas ou garabullos que se empregaban para prender o lume nas
larreiras.
CARREIRAS, AS:
Procedencia: latín (viam) carrariam, posiblemente a través
da palabra céltica “carrum”, con significado de “camiño de carro”, polo que
resultaría máis ancha có carreiro. Aparece como topónimo de lugar, moi repartido
pola xeografía de Galicia. Tamén aparece como apelido, máis abondoso na
provincia de Lugo.
CÓRREGO:
Procede do latín
“corrugus" con significado de “canle de auga cuxo curso está rectificado,
corrección do curso dun río". Probablemente relacionado coas explotacións
auríferas romanas empregadas na técnica “ruina montium “, segundo Plinio.
OUTARELO:
Procedencia: palabra
latina “altarellum”, diminutivo de “altarium”. Que vén a significar “pequeno
outeiro” (pequena e illada elevación de terreo).
RAXOÁ:
Procedencia: latín diminutivo de rasu(m) < rásulum
<rasólum <raseolum con significado de “pequeno cabezo totalmente rozado.
Sendo un nome de orixe incerto, non resulta único, pois se
atopan outras variantes, como Arrexoá, A Rexoá, Arrexuaá.
Estas formas
localízanse na zona oriental de Galicia, incluida Asturias e terras de
Tras-Os-Montes.
VEIGADECABO:
Nome transparente e composto.” Veiga” con significado de “terra
dedicada a pasto ou producción agrícola” e “Cabo” alude a “un punto alonxado do
núcleo poboacional”.
VILABRIL (desaparecido).
Foi un lugar pequeno, posiblemente habitado dende época
medieval, polas referencias documentais, ata a súa desaparición. Á beira do Sil, tiña
un clima benigno e unhas terras de grande calidade, propicias para o
desenvolmento agrícola. Pasado o tempo,
só contaba con catro veciños no Catastro da Ensenada (1752). E xa non aparece
citada no Diccionario de Madoz (mediados S. XIX).
Podería derivar de “Uilla Aprilii”, antigo posesor de orixe
latina chamado Aprilius ou de “Uilla Berildi”, nome Berildius, antropónimo de
orixe xermánica. Tamén cómpre apuntar que aparece citada a forma “Villare Berilli” nun
pergameo mindoniense do S. X, tal como puido ocorrer co Vilabril das
Negradas, no concello de Mañón.
Bibliografía:
Xosé González "Apuntes sobre a microtoponimia do Concello de Vicedo".